A reforma do Santo, un proxecto exemplar para Sanxenxo e a provincia de Pontevedra

SANXENXO> Rematou a humanización do núcleo do Santo, na parroquia de Nantes, en Sanxenxo. A actuación supuxo a transformación dunha pista nun espazo de convivencia, con preferencia peonial. Esta mañá, visitaron o remate das obras a presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde da localidade, nun acto ao que asistiron moitos dos veciños da zona.

O núcleo do Santo, na parroquia sanxenxina de Nantes, estrea a súa nova imaxe. A contorna da capela foi remodelada, convertendo o espazo nun lugar de encontro onde antes só había unha pista asfaltada.

A actuación foi posible grazas a unha achega do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. a presidenta provincial, que hoxe visitou o proxecto, celebra a recuperación da zona para desfrute dos veciños.

Carmela Silva entende que a actuación é exemplar, para o concello e para o conxunto da provincia.

No acto, o alcalde tamén salientou a boa sintonía entre administración que, malia ser de cores políticas distintas, sábense entender.

A actuación tivo un investimento superior ós 216.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí