A Praza de Barcelos contará con dúas pistas polideportivas

PONTEVEDRA> O edil de obras do concello de Pontevedra, Luís Bará confirmaba este mércores que a reforma do entorno da Praza de Barcelos contará coa instalación de dúas pistas polideportivas, que se farán cun presuposto que supera os 60.000 euros. 

 

O entorno da Praza de Barcelos contará con dúas pistas polideportivas totalmente equipadas. Unhas instalacións que custarán algo máis de 60.000, segundo adiantou este mércores o concelleiro de Obras, no concello de Pontevedra, Luis Bará. 

Foron os escolares do colexio Barcelos os que fixeron esta petición polo que agora, o edil manterá unha reunión ca comunidade educativa para saber si esta proposta responde a súa demanda. 

Tamén sinalou que xa se iniciaron as obras en José Millán que se verán completadas, ao longo do mes de xullo coas de Javier Puig. Uns traballos que teñen un prazo de execución de catro meses. 

Por outra banda na súa intervención o edil tamén apuntou que se van a executar varias obras nas rúas Loureiro Crespo, Ernesto Caballero y Forcarei.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/29/actividade_luis_bara_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/29/actividade_luis_bara.mp4{/flowplayer}