Pontevedra deseña un sistema pioneiro para organizar visitas accesibles á cidade

PONTEVEDRA> Pontevedra quere ser unha cidade accesible para todas as persoas, tamén no eido turístico. As concellerías de Turismo e de Benestar Social traballan no deseño dun servizo permanente de reservas de visitas guiadas dotado de intérpretes de lingua de signos. Trátase dun proxecto pioneiro no que traballan de preto coa asociación Xoga. Hoxe celebrouse unha visita de proba con varias persoas con diversidade sensorial.

Que todas as persoas poidan coñecer os encantos de Pontevedra é o obxectivo do proxecto no que están a traballar dende o concello.

Os departamentos de Turismo e de Benestar Social están a traballar na posta en marcha deste servizo. Unha iniciativa pioneira en Galicia.

A visita desta mañá foi unha proba do servizo. En colaboración coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, ‘Xoga’, un grupo de persoas con diversidade sensorial percorreron a cidade e trasladaron as súas impresións.

Reducir os percorridos ou adaptar os mapas a través de posibles solucións como os códigos QR son algunhas das suxestións que trasladaron estes usuarios. Achegas que o concello recolle para avanzar nesta iniciativa.

Un proxecto para facer de Pontevedra unha cidade accesible en todos os seus eidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí