A patronal da Pobra denuncia a falla de colaboración por parte do concello

A POBRA> A Asociación de Empresarios da Pobra acusa ó concello de falla de apoio. Din que o executivo non ten respondido sequera a diversas solicitudes de reunión formuladas pola patronal para abordar a difícil situación económica.

A Asociación de Empresarios da Pobra está a atravesar dificultades económicas derivadas da crise xeralizada en case tódolos sectores. Ante esta situación, a patronal solicitou a colaboración do concello para o desenvolvemento de diversas campañas de promoción. Ante a falla de resposta por parte do executivo, os empresarios remitiron un escrito responsabilizando ó alcalde ó que acusan de ter unha actitude prepotente e malintencionada. O rexedor non entende as acusacións formuladas cando foi precisamente o goberno que el dirixe o primeiro en outorgarlle á entidade unha subvención directa.

Xosé Lois Piñeiro explicou que non se atenderon as solicitudes de reunión da patronal ante a incerteza da situación sanitari pero si se traballou na organización das campañas comerciais en colaboración cos sectores económicos.

O alcalde indicou que a partir de agora serán as concelleiras delegadas de Promoción Cconómica e Desenvolvemento Local as encargadas de tratar coa asociación de empresarios ante a gravidade dos calificativos dirixidos ó rexedor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí