Descafeinado comezo de rebaixas no Salnés

    VILAGARCÍA> Chega o mes de xullo, chega a calor, os turistas… e tamén as rebaixas. Un bo momento para mercar aquilo que durante a tempada nos parecía caro… aínda que en Arousa os comerciantes non notan moito movemento polo de agora. 

    O pasado venres comezou a tempada de rebaixas, unhas datas na que é máis fácil facerse con aquelas cousas, que ou ben polo prezo, ou ben polo pouco práctico que resultan non compramos antes dos descontos. 

    Os comerciantes de Arousa non comezaron con moi bo pé, xa que non se viu moito movemento polos establecementos, ademais de un baixo ritmo de ventas. Mentres na rúa os cidadáns móstranse precavidos. 

    Sen dúbida algunha o sector que máis vai a notar esta campaña de saldos, será o téxtil xa que é no que máis movemento de caixa, de produtos e de colas para pagar se notan… aínda que queda moito verán por diante, e moita campaña de rebaixas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/repor_arranque_rebaixas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/repor_arranque_rebaixas.mp4{/flowplayer}