O PP de Vilanova carga contra Renova por impugnar 4 votos: ‘Jose Juan é un cadáver político’

VILANOVA> O Partido Popular de Vilanova carga contra Renova Vilanova por supostamente impugnar arredor de 5 votos na xunta electoral. O alcalde considera que o seu irmán enganou á xente é que só volveu á política por temas persoais contra el. Considera que José Juan Durán ademais de ter mal perder, é un cadáver político.

O resultado electoral deparou unha avultada vitoria do Partido Popular pero iso non evita que o mal estar da campaña continúe presente. Segundo contan os populares, a formación Renova Vilanova impugnou arredor de 5 votos na xunta electoral. Un feito que para o equipo de Gonzalo Durán demostra o mal perder da nova formación.

Gonzalo Durán advertiu que levaba toda a campaña electoral aguantando insultos e mentiras contra a súa persoa e que esta impugnación de Renova Vilanova demostra que o seu discurso era todo unha mentira.

O rexedor foi máis alá e cargou contra o seu irmán por volver á política só por disputas persoais.

Gonzalo Durán lembra a Jose Juan que foi expulsado do Partido Popular e aconséllalle deixar a política.