O delegado provincial de Medio Rural visita varias obras de saneamento

    gonzaloconstenla_100_130207.jpgCATOIRA / VILANOVA > O delegado provincial de Medio Rural, Gonzalo Constenla, visitou esta mañá diversos núcleos dos concellos de…

    …Catoira e Vilanova de Arousa. A visita tiña por obxecto coñecer de primeira man os avances das obras de saneamento en varias parroquias de ámbolos dous municipios incluídas no Plan Estratéxico de Infraestructuras do medio Rural. O orzamento para a súa execución foi de 120 mil euros no caso de Catoira e 240 mil en Vilanova. saneamentobaion_200_130207.jpg

    Gonzalo Constenla, delegado provincial da consellería de medio rural realizou esta mañá unha visita a parroquia de Oeste, en Catoira, para coñecer o estado no que se atopan as obras de dotación de saneamento. A execución contou cun investimento total de 120 mil euros. As obras comezaron hai apenas un mes e está previsto que estean rematadas a finais do vindeiro mes de marzo. Trátanse de 1761 metros lineais de tubería e a empresa adxudicataria da obra, DAGO de A Estrada espera que poida dar xa servicio aos veciños nun par de semanas. No percorrido, o delegado estivo acompañado polo alcalde de Catoira, Alberto García e diversos membros do equipo de goberno.

    Actuacións previstas

    Logo desta visita a terras catoirenses, Gonzalo Constenla puxo rumbo cara o concello de Vilanova e reuniuse co seu alcalde, Gonzalo Duran, para realizar a visita ás obras da rede de sumideiros que se levan a cabo nas parroquias de Baión, András e Tremoedo. O investimento total ascende neste caso a 240 mil euros, que se reparten entre a actuación xa finalizada e a xa acordada para este ano 2007.

    A previsión tanto da delegación da consellería de medio rural como do propio concello é que para 2009 estea cuberta totalmente a rede de saneamento do concello de Vilanova. Co PEIM, o Plan estratéxico de infraestructuras no rural, esta consellería pretende dotar de rede de saneamento e sumidoiros á maior parte das parroquias mais poboadas de cada concello galego.

    Redacción Salnés