Boiro celebra este domingo a andaina solidaria contra o cancro

BOIRO> Esta mañá presentábase no Concello unha nova edición da andaina solidaria ‘Boiro, en marcha contra o cancro’, que organiza a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en colaboración co Concello.

A cita será xa este vindeiro domingo 16 de xuño.

A saída da proba está prevista para as once da mañá dende a praza de Galicia.

Será un percorrido sinxelo, de cinco quilómetros, para fomentar a participación de canta máis xente mellor.

O reto, superar os 1.100 participantes do ano anterior.

Todo o recadado na proba irá a destinado á investigación contra a enfermidade.

As inscricións xa están abertas cun prezo de 8 euros para persoas adultas e 5 euros para menores de 12 anos.

Dende a organización agradecen a colaboración de todos coa causa, especialmente aquelas firmas e empresa que axudan coa proba, animando a participar nela.