O viaduto do Ulla elixida segunda mellor infraestrutura de 2016

    RIANXO> O galardón,que outorga anualmente a International Association for Bridge and Structural Engineering, recoñece os proxectos de pontes e estruturas máis destacados a nivel mundial. Off Despois de acadarno ano 2015 o Premio San Telmo do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, na súa novena edición,como mellor obra de enxeñería construída en Galicia, o viaduto del Ulla recibe un novo galardón. Neste caso a nivel internacional. Outorgado pola International Association for Bridge and Structural Engineering, vén de ser considerada como a segunda mellor estrutura de 2016a nivel mundial, por detrás da Torre de Shanghai, o edificio máis alto da China, e o segundo do mundo, tan só superado polo Burj Khalifade Dubái. Por primeira vez que unha ponte proxectada e construída en España recibe este importante galardón a nivel mundial O viaduto constitúe a estrutura máis emblemática do Eixo Atlántico. Conecta as provincias da Coruña e Pontevedra, nos concellos de Rianxo e Catoira. Ten 1.620 metros de lonxitude total, cunha tipoloxía estrutural de celosía mixta de canto variable, e está construída sobre once piares.