![]()
VILAGARCÍA> O salón de Fexdega celebrarase do 9 ó 12 de outubro. As previsións indican que a participación dos expositores acadará o 100%.
{flowplayer}images/salnes/210909_multisectorial_fexdega.flv{/flowplayer}
É o evento con máis tradición dos organizados pola Fundación Fexdega. A Feira Multisectorial cumpre este ano corenta edicións sen perder a súa sona e capacidade de convocatoria. Boa conta disto é o interese que están a amosar xa nestes meses empresas dos máis diversos sectores, o que fai pensar que o espazo reservado para os expositores será ocupado por completo. Ocio, turismo, automoción, xardinería… se algo caracterizara á Feira Multisectorial é a variedade de firmas que expoñen os seus artigos. Aínda que este ano, as de decoración e mobiliario serán as que ocupen gran parte da superficie dedicada á mostra, xa que son os produtos máis demandados polo público da feira e tamén as empresas que máis solicitudes realizan para participar. Outra das novidades deste ano: a ausencia da rúa dedicada á asociación de comerciantes de Vilagarcía Zona Aberta.
A Feira abrirá ó público o día 9 de outubro e poderá visitarse ata o 12 en horario ininterrompido de 12 da mañá a nove da noite. A entrada ó recinto terá un custe de tres euros, agás para os nenos e maiores de 65 anos. Eles pagarán un euro.
Redacción Salnés









