A oposición demanda unha reunión extraordinaria do Consello Sectorial de Pesca

    RIBEIRA> A oposición de Ribeira únese na solicitude dunha sesión extraordinaria do Consello Sectorial de Pesca. Entre outros asuntos pretenden que se aclare o conflito existente entre os pósitos de Aguiño e Ribeira pola titularidade do banco marisqueiro do Carreiro. A través dun escrito presentado xa por rexistro no concello, os catro grupos da oposición de Ribeira: BNG, PSOE, IPdeR e Ciudadanos, veñen de solicitar a convocatoria dunha sesión plenaria con carácter extraordinario do Consello Sectorial de Pesca. A solicitude responde basicamente ó interese por parte destes grupos en coñecer varios temas de interese que afectan ó sector na localidade. Un deles, se cadra o máis grave, é analizar o problema xurdido entre as confrarías de Pescadores de Aguiño e Ribeira pola titularidade do banco marisqueiro do Carreiro. Outras das cuestións que queren trasladarlle ó alcalde e Presidente do Consello Sectorial, Manuel Ruíz, son os motivos polos que a lonxa de Ribeira non pecha nos días festivos cando no resto de Galicia si o fan e os prazos que se manexan para a apertura da nova rula.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí