O BNG da Pobra votará a favor dos orzamentos

    POBRA> O BNG da Pobra comprométese a votar a favor dos orzamentos do goberno municipal no vindeiro pleno do concello, previsto para o próximo 28 de xullo. Os nacionalistas pobrenses toman esta decisión logo de que se incluísen nos mesmos as súas propostas. Unhas propostas, segundo explican desde o BNG pobrense, que melloran substancialmente os orzamentos iniciais do goberno municipal, liderado por Nós Pobra. No pleno de maio, ante uns presupostos frustrantes segundo o Bloque, o goberno non conseguiu o apoio necesario e os orzamentos foron rexeitados. Comezaron entón unha nova quenda de reunións nas que o BNG volveu levar unha serie de propostas, nas que inclúen as demandas extraídas das súas Asembleas Veciñais. Ademais os novos orzamentos inclúen unha serie de compromisos por parte do goberno, a petición do BNG, para a incorporación de proxectos ao longo do actual mandato. Todo apunta a que será no próximo pleno ordinario, o día 28 de xullo, cando se presenten os orzamentos municipais, e o BNG, sempre que se respecten estes acordos, votará a favor.