O náutico de Portosín súmase á rede galega de Portos sen Fume

PORTO DO SON> O porto deportivo de Portosín, xunto co de Portonovo, é pioneiro en sumarse á rede galega de Portos Sen Fume. Esta iniciativa busca fomentar os espazos saudables libres de tabaco en entornos deportivos.

Este proxecto está a xerar moita expectación non só na nosa comunidade xa que outras rexións manifestaron a súa intención de exportar este modelo.

Esta iniciativa supón unha continuación da rede de praias sen fume, posta en marcha hai xa varios anos con grande éxito.

O presidente de Portos de Galicia destacou o gran labor do náutico sonense que, con este diploma, vén completar unha longa lista de distintivos. Supón ademais un valor engadido de cara á consecución de novos marchamos de calidade.