Unha ruta de sendeirismo conectará os pazos de Boiro

BOIRO> A Asociación Cultural Barbantia promove a primeira ruta dos pazos en Boiro. Trátase dun intinerario de dezasete quilómetros que percorre as principais xoias patrimoniais do municipio.A ruta dos Pazos que se desenvolverá en Boiro o sábado tres de xuño nace co obxectivo de poñer en valor o inmenso patrominio histórico e cultural do municipio. Esta andaina está patrocinada pola Correduría de seguros García sánchez en colaboración coa empresa Autos Ramón Outeiral, o club de Montala 22 pes e o concello de Boiro. Xosé Ríos, afeccionado ó sendeirismo, foi o encargado de elaborar a ruta que partirá ás nove da mañá dende a pista polideportiva do Sequelo en Goiáns. Os interesados poden incribirse de xeito gratuíto no teléfono 604 0001 732 ou no enderezo electrónico rutadospazosboiro@gmail.com