Eduardo Carreño será o cuarto na lista de Mayán ás municipais

PORTO DO SON> Miguel Mayán, candidato do PSOE á alcaldía sonense, comeza a debullar os detalles do seu programa e os membros da sua candidatura. No número catro irá o armador e expatrón maior de Portosín, Eduardo Carreño.

Off
O auditorio de Porto do Son quedouse pequeno para acoller ás máis de trescentas persoas que arrouparon a Miguel Mayán na sua presentación como candidato do PSOE. Entre eles, o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, quen destacou as cualidades do aspirante como mellor alternativa ó actual goberno municipal do PP.

nese acto demais de adiantar algunhas claves do seu proxecto, co que pretende mudar o xeito de facer  política no municipio, Mayán presentou ó número catro da sua candidatura. Eduardo Carreño, ex patrón maior de Portosin, que asume o salto á política como un reto ilusionante.

Insertos

Nas próximas semanas terá lugar a inauguración da nova sede do PSOE nun acto público no que se darán a coñecer o resto dos postos de saida da candidatura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí