O concello de Cambados desvinculase do desfile das confrarías da Festa do Albariño

    CAMBADOS> O Albariño 2016 está a volta da esquina… unha festividade coñecida ao longo e ancho da nosa xeografía, aínda que este ano o concello de Cambados desvinculase do paseo de confrarías enogastronómicas, que tradicionalmente sal do concello e que remata no Pazo de Fefiñáns, o coñecido Capítulo Serenísimo do Albariño. 

     

    Unha separación anunciada, por un motivo: a despolitización do Capítulo Serenísimo.  A alcaldesa Fátima Abal recoñece que esta decisión responde a unha clara intención de conseguir desvincularse. 

    A venda de entradas para o tradicional Xantar do Albariño xa está dispoñible na páxina web do concello; cambados.gal. Por 45 euros os asistentes poderán degustar; empanada de millo, pementos de Padrón, vieiras ou cigalas entre outros pratos, todos eles acompañados de viño albariño. Ademais nesta ocasión 5 euros do custo irán destinados a Asociación Esperanza Salnés. 

    Grupos musicais galegos, e moito viño, moito albariño encherán as rúas de Cambados dende o vindeiro mércores ata o domingo 7 de agosto. 

    Unha edición na que se espera gastar menos que en anteriores, aínda que haberá actuacións, como a das brigadas de limpeza que se intensificaran durante os días que duren os festexos. Ademais haberá un maior número de baños públicos no casco urbano da vila. Tanto operarios de limpeza como forzas de seguridade aumentaran o seu equipo mentres dure a festa. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/festas_albarino_comida_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/festas_albarino_comida.mp4{/flowplayer}