Javier Gago traslada a Touriño os seus proxectos para o Concello vilagarcián

    Javier Gago reuniuse esta mañá en Santiago co Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Unha reunión na que aproveitou para falar de diversos temas relacionados co Concello vilagarcián. Entre estes asuntos falaron da realización de varias obras de melloras de viais e da aceleración do proceso de execución da variante de Vilagarcía de Arousa .

    O rexedor vilagarcián tamén tratou co Presidente da Xunta a redacción de estudos de mellora dos viais de Curros, Godos ou Lobeira. En relación coa mellora das redes hidráulicas Touriño comprometeuse con Gago a mellorar o abastecemento e a acondicionar a depuradora. Gago trasladoulle ademais a intención de colaborar co goberno autonómico na creación dun novo pavillón polideportivo a medio prazo, na ampliación do número de prazas no hospital do Salnés, o impulso das obras da escola de idiomas e na creación dun novo centro de anciáns.

    Redacción Salnés