RIBEIRA> O mantemento dos parques e zonas de xogo infantil no municipio está a ser unha das prioridades do goberno ribeirense dende a súa chegada ó Concello.
De aí que iniciara un plan de mellora e mantemento destas instalacións.
Na actualidade desenvólvense actuacións en Abesadas, Artes, Palmeira, Carreira e Bandaurrio por un importe global de máis de 600 mil euros.
Segundo explicou o propio alcalde, estas actuacións veranse complementadas coa realización dun plan de limpeza en tódolos parques das parroquias para ter estas instalacións nun estado óptimo para o seu uso diario.










