Barro crea a guía Sen Ir Máis Lonxe para promocionar os negocios do municipio

BARRO> O concello de Barro crea a guía “sen ir máis lonxe”. Un manual con información dos máis de 140 negocios do municipio que se sumaron a esta iniciativa. Concello e empresarios buscan dar a coñecer as posibilidades de a vila e potenciar os establecementos.

Os peches perimetrais da pandemia permitiron que moitos veciños descubrisen negocios novos nos seus municipios. Tras isto, en Barro, comerciantes e concello decidiron traballar xuntos para potenciar os negocios da vila. Froito desta colaboración, nace “sen ir máis lonxe”. Unha guía que recolle gran parte da oferta de servizos do concello de Barro.

Con esta guía, ademais de potenciar os negocios da vila, tamén se busca que a veciñanza coñeza toda a oferta de Barro e non teña que desprazarse a outros concellos.

Os comerciantes creen que a iniciativa será moi positiva para os diferentes sectores do municipio.

O concello creou 2 mil guías.  1200 repartiranse nas vivendas de Barro e as restantes nos bares e restaurantes da vila. Ademais tamén estará dispoñible nas redes sociais do concello. As empresas interesadas aínda se poden sumar a este proxecto e formar parte da guía de forma online.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí