O novo contrato da auga de Pontevedra será “un exemplo a seguir” noutros municipios

Pontevedra> Finalmente hoxe, concello e a empresa Viaqua asinaro o contrato para o abastecemento e saneamento da auga en Pontevedra. Un novo contrato que eliminará o consumo mínimo da auga e, a partir de agora, facturarase pola auga consumida por cada usuario. Dende a empresa Viaqua dixeron nesta xornada que Pontevedra se converterá no escaparate para amosar a outros municipios un novo modelo de xestión da auga.

Tras algunha que outra espera e algunha que outra prórroga hoxe quedou asinano o novo contrato de abastecemento da auga da cidade. Concello e empresa amosaron nesta xornada a súa satisfacción tras esta rúbrica.

Dende a empresa Viaqua dixeron que Pontevedra se converterá con este contrato no escaparate para amosar a outros municipios un novo modelo de xestión sustentable da auga.

Raimundo González dixo que nos vindeiros días haberá un encontro entre os técnicos municipais e a propia empresa para fixar prioridades e ir marcando no calendario as obras comprometidas no marco deste contrato. Un novo contrato que eliminará o consumo mínimo de auga e, a partir de agora, facturarase pola auga consumida por cada usuario, o que na maioría dos casos suporá unha rebaixa na factura que os cidadáns reciben cada dous meses.