O afundimento da calzada obriga a cortar o tráfico na estrada entre San Isidro e Sampaio

POBRA> A estrada entre San isidro e Sampaio, na Pobra, permanece cortada por mor do afundimento da calzada. As chuvias dos últimos días están detrás deste suceso.

Había tempo que os veciños da aldea de Sampaio, na Pobra, levaban advertindo do mal estado do firme da estrada que supón o principal acceso ó lugar e o comunica co núcleo de San Isidro. A pasada noite confirmábanse os seus malos presaxios posto que as chuvias caídas nos últimos días provocaron o afundimento da calzada.

Tras supervisar a zona, o alcalde ordenou o inicio inminente dos traballos que se executarán durante toda a semana como mínimo. Non se trata dunha actuación sinxela posto que será preciso asegurar a plataforma da calzada e canalizar o regato que baixa pola vía.

O concello ten previsto acometer a recollida de pluviais noutras zonas do concello que presentan problemas semellantes como Pumadiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí