A praia da Compostela ondea a bandeira que a identifica como un espazo libre de tabaco

VILAGARCIA> A praia da Compostela xa é un areal sen fume. O concello ondeou a bandeira que a acredita como un espazo saudable. O estandarte inclúese dentro dunha campaña que ten como obxectivo fomentar unha vida sen tabaco.

A praia da Compostela de Vilagarcía súmase á rede galega de praias sen fume. Unha iniciativa que fomenta espazos saudables libres de tabaco nos diferentes areais galegos. O concello de Vilagarcía ondeou o distintivo que acredita á Compostela como a primeira praia saudable do municipio.

O principal obxectivo desta rede é eliminar o tabaco e as súas consecuencias tanto sanitarias como medio ambientas. Estas praias evitan que os nenos ou aquelas persoas que non fuman se convertan en fumadores pasivos.

A rede de galega de praias sen fume inclúe unha campaña educativa onde fomentar os hábitos saudables.

Segundo a resposta dos veciños, o concello estudará se ampliar a praia sen fume ao resto de areais da vila. O estandarte ondeará na praia durante todo o verán.