MEAÑO> Multitudinario xantar de Nadal do PP de Meaño. Na cita reuníronse máis de 900 comensais no pavillón de Xil. Presidido polo alcalde, a comida contou tamén cos líderes do PP galego, Alfonso Rueda, e dos populares pontevedreses, Luis López. O rexedor, Carlos Viéitez, salientou a importancia deste tipo de encontros para reforzar a unidade da formación.
O xantar de Nadal nacera cando o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, fora expulsado do PP. Agora, de volta no partido, a xornada serviu para amosar a forza da formación na localidade. A cita congregou no pavillón de Xil máis de 900 comensais. Entre eles, os líderes populares a nivel galego e provicial.
Entre música, carne ao caldeiro, polbo e empanada, o alcalde agradeceu a asistencia dos veciños e simpatizantes. Viéitez salientou a importancia deste tipo de encontros para reforzar a unidade da formación.
Pola súa banda, o presidente da Xunta e líder dos populares galegos felicitou ao alcalde pola capacidade de convocatoria arredor deste xantar. Alfonso Rueda comprometeuse a dar resposta ás necesidades do municipio.
E palabras de agradecemento do presidente da Deputación e dos populares pontevedreses. Luis López, na primeira vez que asiste a este xantar, amosouse abraiado pola cantidade de xente que asistiu á cita.
A xornada rematou con animación musical e aos máis pequenos gozando nunha zona de hinchables. Ademais, conscientes da traxedia da DINA de Valencia, o acto incluíu tamén un minuto de silencio en lembranza das vítimas.











