Cartel de luxo para as festas de San Bartolomeu

    NOIA> Los Secretos, David Civera ou Merche son algúns dos artistas que pasarán por Noia durante as festas de San Bartolomeu. Seis días con actividades para tódolos gustos que farán as delicias dos noieses e de todos aqueles que se queiran achegar á vila. Son moitos os que xa están chamando ao concello de Noia para interesarse pola data e hora do concerto de Los Secretos. Gratuito, como todos os que se celebrarán polas festas de San Bartolomeu no concello. Álvaro Urquijo e os seus estarán o xoves 25 na praza do Tapal ás once e media. Pero non serán os únicos artistas de renome nacional que pasarán entre o 23 e o 28 de agosto pola vila noiesa. Pero a música tradicional tamén estará moi presente nestas festasO venres 26 é o día que está pensado para os mozos, por unha banda, coa actuación da orquestra Combo Dominicano, e para quen non sexa de verbena, ao tempo celebraráse o Noia Rock coa presenza de varias bandas locais. Actividades para tódalas idades nunhas festas que este ano duran un día máis. 6 xornadas nas que a vila de Noia encheráse de xigantes e cabezudos, xogos tradicionais e numerosas actividades infantís. O broche final é o domingo día 28, coa tirada de fogos de artificio e a actuación da orquestra París de Noia.