Melloran os resultados do marisqueo na Pobra con respecto á pasada campaña

    POBRA> A campaña de marisqueo da Pobra do Caramiñal, que remata o 30 de setembro, recuperou ao 40 por cento da flota que o ano pasado marchara da zona. Consegue así, ata o día de hoxe, 3.500 quilos máis de marisco que o ano pasado a estas alturas. Aínda así, o balance non é positivo. Ë a valoración que fai o patrón maior da Pobra cando estamos achegándonos ao final da campaña de marisqueo, datado para o 30 de setembro, cando comezará a actividade nos bancos de libre marisqueo. O patrón ten clara cal é una das razón principais de que non se acade nin 30 por cento da producción real. O responsable do pósito pobrense, aproveitou tamén para denunciar as concesións coas que contan os traballadores da confraría da Pobra.