Conservas Cerqueira inicia o proceso para o seu desembarco en Rianxo

RIANXO> A firma formalizaba hai uns días con Solo Empresarial do Atlántico, entidade xestora do polígono industrial de Té, a compra de cinco parcelas cunha superficie próxima ós 25 mil metros cadrados cun valor de preto do millón e medio de euros.

A Sociedade Solo Empresarial do Atlántico vén de formalizar ante notario a venda de cinco parcelas do polígono industrial de Té en Rianxo á empresa Conservas Cerqueira, que  posúe tamén  a marca ‘PAY PAY´’ e que se sitúa como unha das máis punteiras do sector en Galicia, con máis dun centenar de empregados nas súas actuais instalacións de Ribeira e de Vigo. A firma adquiriu un total de preto dos 25 mil metros cadrados de terreo no polígono rianxeiro, por un importe de algo máis dun millón e medio de euros.

A intención da empresa pasa por situar alí o seu novo centro de produción, o que suporá unha importante creación de postos de emprego. O acordo foi subscrito en Vigo entre a xerente de SEA, Beatriz Sestayo e o responsable da compañía, Juan Manuel Cerqueira Ozores, despois da súa aprobación a pasada semana no Consello de Administración da SEA.

Na actualidade o nivel de ocupación no polígono rianxeiro ronde o 70%. Conta xa cun total de dezaseis empresas asentadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí