Vilanova coas axudas do GDR investirá 80 mil euros na ampliación do Pazo de Vista Real

VILANOVA> Vilanova aumentará unha planta no Pazo de Vista Real. O proxecto ten un orzamento de 80 mil euros que serán financiados na súa maioría coas axudas do GDR do Salnés Ulla Umia. A nova planta permitirá crear máis aulas e aumentar a oferta de cursos formativos que se imparten no centro.

O Pazo de Vista Real en Vilanova hai tempo que se converteu nunha referencia dentro da comarca en canto a formación profesional. A vila en colaboración con outras administracións, asociacións e empresarios realiza numerosos cursos nas instalacións durante todo o ano. Dende o goberno local queren continuar con este traballo, e incluso aumentar a súa oferta de formación, e por iso realizarán unha obra para aumentar un planta nas instalacións.

O novo espazo constará de 3 salas que serán empregadas para usos administrativos, deixando as outras dúas plantas para os cursos formativos.

Dende o concello consideran que con esta ampliación finalizan a modernización do Pazo de Vista Real.

O proxecto ten custo de 80 mil euros financiado nun 80% polas axudas do GDR do Salnés Ulla Umia. As obras que comezarán nas vindeiras datas e terá un prazo de execución dun mes e medio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí