A POBRA> A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou esta mañá a Pobra do Caramiñal para comprobar a marcha dos traballos de rexeneración da fachada marítima que se están a levar a cabo na zona da Ribeiriña. As obras, cun orzamentos de máis de 800 mil euros procedentes dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, estarán rematadas nas vindeiras semanas.
Van alá varios meses dende o inicio das obras de rexeneración e posta en valor da fachada marítima da Ribeiriña. E os cambios a día de hoxe son máis que evidentes. A actuación, cun orzamento de máis de 800 mil euros con cargo ós fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, permitiu a recuperación desta zona en terreos de dominio público marítimo terrestre cun alto valor paisaxístico e medioambiental, que en breve poderá ser disfrutada por pobrenses e visitantes.
O alcalde, José Carlos Vidal, destacou a importancia desta actuación que permitiu reverter ó seu estado natural unha área de aproximadamente 5.500 metros cadrados que se atopaba moi degradada. Aínda así o proxecto presenta aínda un floco pendente, que non é outro que o derrube da antiga fábrica de Hadasa.
O rexedor referiuse a que esta obra súmase tamén a outras actuacións realizadas polo goberno local neste núcleo entre as que se atopan tamén o acondicionamento da contorna do centro sociocultural ou a reforma integral do Camiño Real, entre outras.











