CAMBADOS> Aumentan nun 40% os viñedos do Salnés que utilizan as feromonas para o control de pragas. Este sistema produce confusión sexual entre as couzas o que evita que se reproduzan. Esta técnica só se recomenda nos viñedos con máis de catro hectáreas.
Os traballos do campo camiñan cara un maior control e eliminación de produtos fitosanitarios. Esta medida busca mellora a calidade dos viñedos e coidar á natureza. Unha das técnicas que utilizan nos viñedos da Denominación de Orixe Rías Baixas como alternativa para o control de pragas son as feromonas. Un sistema que permiten protexer os viñedos fronte as couzas.
O método de emprego é moi doado. O que se necesita é colocar varios difusores ao longo de todo o viñedo.
Esta técnica é respectuosa co medio ambiente e non utiliza produtos químicos. O seu uso só é recomendable para viñedos de máis de catro hectáreas.
Esta método ten décadas de antigüidade pero non se aplicou na nosa contorna ata o 2019. Dende entón o seu uso creceu nun 40% cubrindo xa máis de 250 hectáreas de viñedos.