Ribeira prepara unha nova andaina a favor da enfermidade de Dent

RIBEIRA> Ribeira acollerá o sábado 29 de marzo a segunda edición da andaina ‘Un Raio de Luz’, a favor da enfermidade de Dent.

A actividade está organizada polo colexio Galaxia, coa colaboración da ANPA do propio centro e o Concello.

A proba contará cun percorrido moi sinxelo duns 6 km, con saída dende a Praza de España.

As inscricións, cun custe de 5 euros para adultos e 3 para nenos,  xa están abertas podéndose realizar en deporticket ou no propio colexio Galaxia.

Dende a organización fan unha chamada a participar na proba ou ben axudar á asociación, a través das distintas formulas que hai.

O día da andaina, a escola de música POPs de Ribeira, será a encargada de amenizar a xornada con diversas actuacións.