Música e gastronomía para despedir as Festas do San Bartolomeu en Noia

NOIA> Fin de semana grande en Noia que este domingo despedía as Festas de San Bartolomeu por todo o alto. As citas máis destacadas do sábado foron a Festa da Bici e os concertos a cargo de Gisela e Ana Guerra mentres que o domingo a protagonista foi a empanada.

Música, deporte, gastronomía e, sobre todo, moita festa foi o que se viviu esta fin de semana en Noia que despedía as Festas do San Bartolomeu. Na xornada do sábado, as bicicletas tomaron as rúas cunha cita familiar para os amantes dos pedais.

Xa pola noite a música inundaba unha ateigada alameda cos concertos de Gisela, Ana Guerra, Dasoul e unha sesión DJ como peche.

O domingo, as empanadas das expertas cociñeiras de Noia puxeron a proba os padais máis esixentes cunha degustación gastronómica organizada polo Club de Fútbol de Noia na praza da Constitución.

A verbena nocturna e os fogos de artificio puxeron o broche de ouro a seis días de celebracións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí