Pesca rectifica e autoriza a captura de pescada ás artes menores

    BARBANZA> A flota de artes menores poderá novamente ir á pescada. A Secretaría Xeral de Pesca, dependente do Ministerio de Agricultura, dá marcha atrás na súa decisión de pechar a pescaría desta especie polo esgotamento da cota asignada, adiantando un 40% da cota prevista para o último trimestre do ano. Non tardou moito a Secretaria Xeral de Pesca, dependente do Ministerio de Agricultura, en dar marcha atrás na súa decisión de pechar a pescaría da pescada para este trimestre polo esgotamento da cota asignada. Rectifica así a orde de peche decretada, atendendo ás solicitudes realizadas dende a Organización de Produtores do Cantábrico Noroeste. A reapertura será realizada a cambio dun adianto dunhas 40 toneladas do cupo correspondente ó último trimestre do ano. Dende a consellería do Mar valoraron moi positivamente este acordo que beneficiará a unhas 400 embarcacións en toda Galicia. Dáse a circunstancia de que a pescada é unha das pescarías que máis ganancias deixa á flota de artes menores.