O PSOE promete un plan integral de saneamento para Galicia

    VILAGARCÍA> Se a semana pasada os socialistas de Vilagarcía criticaban a política portuaria do Partido Popular, hoxe foron as actuacións en materia de saneamento. O candidato Julio Torrado e o alcalde Alberto Varela reclamaron a intervención do goberno autonómico neste eido tanto a nivel municipal como a nivel galego.

     

    O estado das rías e das redes de saneamento preocupa aos socialistas. Esta mañá, o candidato Julio Torrado criticou as políticas do Partido Popular nesta materia.

    Torrado recordou que hai tres anos o por aquel entón conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitara Vilagarcía e comprometera 11 millóns de euros para solucionar os problemas de vertidos á ría de Arousa. A día de hoxe, critican que aínda non se actuara.

    Tamén chaman a atención sobre as redes de saneamento dos concellos. Alberto Varela recordou que en Vilagarcía foi o propio concello o que tivo que actuar para pór freo aos vertidos na praia de Compostela.

    Fronte a esta situación, Torrado e Varela presentaron as promesas do Partido Socialista de Xaquín Fernández Leiceaga nesta materia: un plan integral de saneamento na rede hidráulica de Galicia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/02/psoe_depuradora_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/02/psoe_depuradora_vilagarcia.mp4{/flowplayer}