![]()
PONTEVEDRA > Esta tarde tivo lugar en Pontevedra unha sesión informativa especial sobre o Plan Xeral de Ordenación municipal, o PXOM.
Á xuntanza ven de celebrase no Pazo da Cultura de Pontevedra, por atoparse alí xa a documentación e os planos no seu primeiro período de información pública. Á mesma estaban convidados tódolos membros das distintas forzas políticas da cidade, ademais doutros cincuenta representantes de trinta entidades distintas como asociacións veciñais e ou os diferentes colexios profesionais relacionados.
Ate o de agora xa foron moitos os pontevedreses que se achegaron ata este Pazo para coñecelos pormenores deste plano; un interese que superou tódalas expectativas previas. A cidadanía xa presentou máis de 400 obxeccións, a maioría delas referentes a cuestións puntuais.
As alegacións de carácter xeral teñen un prazo de entrega previsto ata o día 10 de decembro. A vindeira reunión da propia comisión de traballo do PXOM terá lugar o vindeiro martes día 27 de novembro, logo de que remate da primeira fase informativa do mesmo.
Redacción Salnés.









