As Plataformas de Pensionista de Barbanza e Noia irán á mobilización convocada en Madrid

BARBANZA>  Serán en total unhas 130 persoas as que participarán na manifestación convocada para o próximo mércores 16 de outubro en Madrid en defensa do Sistema Público de Pensións.

Convocada pola Coordinadora Estatal, a manifestación do vindeiro mércores 16 de outubro en Madrid terá representación das comarcas do Barbanza e Noia. Serán en total unhas 130 persoas as que acudirán a esta mobilización en defensa do Sistema Público de Pensións. Para eles a situación apenas mudou nada, a pesar de levar máis dun ano con protestas na rúa, e os ataques ás pensións públicas son continuos. Entre outras cuestións volven a incidir na necesidade de aumentar das pensións mínimas.

Dende as Plataformas de Pensionistas de Arousa Norte e tamén dende Noia, fan un chamamento a participar nesta mobilización multitudinaria que se prepara en Madrid pois aínda quedan prazas vacantes nos dous autobuses contratados para a viaxe.

Os pensionistas quixeron tamén agradecer o apoio de numerosas empresas e casas comerciais, non así estamentos públicos, que colaboraron con eles para poder sufragar os gastos da viaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí