Patrimonio autoriza a mellora do acceso á Igrexa de Abanqueiro

    BOIRO > O executivo boirés está a manter unha serie de xestións coa Dirección Xeral de Patrimonio para levar a cabo varias actuacións no municipio e que afectan a bens catalogados por este organismo. Algúns dos proxectos que baralla o goberno local son a mellora do entorno da igrexa de Lampón ou a construción dun novo acceso ó templo de Abanqueiro. 

     

    O tenente de alcalde de Boiro, Xoán Xesús Ares, informou da xuntanza mantida con representantes da Dirección Xeral de Patrimonio co gallo de levar a cabo varios proxectos no municipio.Ares González fixo referencia a dúas actuacións que afectan fundamentalmente ás igrexas de Lampón e Abanqueiro. Nesta última está prevista a realización dun mellor acceso ó templo.O concello boirés trasladoulle tamén á Dirección Xeral de Patrimonio a necesidade de levar a cabo a recuperación do cruceiro da Magdalena, na parroquia de Lampón, que foi destrozado a consecuencia dun accidente de tráfico.A intención do executivo pasa fundamentalmente porque Patrimonio autorice tamén o traslado deste elemento arquitectónico a outro emprazamento onde poida contar cunha maior seguridade.

    Redacción Barbanza