Muros realizará unha auditoría da súa rede de saneamento para detectar posibles eivas

MUROS> 22 concellos en toda Galicia de menos de 50 mil habitantes, entre os que se atopa o de Muros, beneficiaranse dunha achega da Xunta para realizar unha auditoría na rede de saneamento que permita detectar vertidos e infiltracións, co fin de gañar en eficiencia na prestación do servizo e contribuír así a mellorar a calidade das augas que van ó mar.

Esta mañá as conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, achegábanse ata este municipio para presentar esta nova liña de axudas na que a Xunta prevé investir un total de 300 mil euros.

A alcaldesa, Inés Monteagudo, valorou moi positivamente esta achega que lle permitirá ó Concello detectar deficiencias na actual rede municipal e así, poder corrixilas e evitar vertidos ó mar.

No caso de Muros a axuda ascenderá a preto de 12.500 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí