O concello de Lousame iniciará o arranxo da depuradora da Escabia

    LOUSAME> A actuación será posible grazas á aprobación no último pleno dunha modificación de crédito. A actuación que será acometida con cargo ó plan específico extraordinario de investimentos, destinado á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia, promovido pola consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conta cun orzamento de reto dos 43 mil euros, dos cales o concello de Lousame deberá de financiar uns sete mil, de aí que fóra necesaria aprobar no último pleno unha modificación de crédito. Na sesión tamén se aprobou un segundo expediente de modificación de crédito, nesta ocasión para pagar unha factura tamén de preto dos sete mil euros pola instalación dunha baranda de protección no campo municipal da Silva. A propia alcaldesa sinalou que quedan aínda pendentes varias actuacións nesta infraestrutura deportiva, como é o caso dos baños e os novos vestiarios, que se irán acometendo na medida das posibilidades que vaia tendo o propio Concello.