A volta ó cole supón un custo mínimo de 250 euros por neno

    BARBANZA> A volta ao cole cústalle ás familias da comarca do Barbanza un mínimo de 250 euros por neno. Aínda que o custe total varía segundo curso, centro e libraría, os pais e nais consideran que o gasto é excesivo para os salarios existen hoxe en día. Libros de texto, mochila, libretas, pinturas, pegamento, carpetas, bolígrafos…e un senfín de material escolar…A volta ao cole non só implica un regreso á rutina, senón tamén, un importante desembolso económico para as familias. E iso, sen contar a roupa de outono, o transporte, as clases particulares, uniforme nos casos en que o esixan…A costa de setembro vólvese difícil de superar. As achegas en moitos casos son vitais para cargar con tódolos gastos. Se non contamos coas institucionais, hai que aferrarse aos descontos que nos ofrecen nestas datas. Ademáis, nesta libraría da Pobra, os cativos que mercan os libros de texto saen con eles xa forrados, por cortesía do propietario. Calquera axuda, por pequena que pareza, convértese en imprescindible para chegar a outubro, e non morrer no intento.