RIANXO> Rianxo continúa dando pasos para achegar os servizos básicos a aqueles lugares que a día de hoxe carecen deles.
É ó caso da última actuación que vén de sacar a licitación o Concello e que pretende dotar de redes de abastecemento e saneamento de auga ó lugar de Vilas, na parroquia de Asados.
A actuación, dará servizo a unhas vinte vivendas e tamén ó campo municipal de fútbol, e será sufragada con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.
As obras contan cun orzamento por un importe total de preto dos 140 mil euros.
Segundo explicou o rexedor esta será unha primeira fase do proxecto, xa que está previsto darlle continuidade con outra actuación para completar o servizo a aquelas vivendas situadas entre esta zona e o vello campo de fútbol de Santa Lucía.











