Alerta por un brote de covid en Boiro con catro positivos

BOIRO> Esta pasada fin de semana coñecíamos da existencia dun novo brote por coronavirus en Boiro. Son, ó parecer catro persoas: unha familia e un turista.  Todos están illados e controlados nos seus domicilios. O Concello decidiu reactivar esta mañá a Comisión de Seguimento da Evolución da Covid.

O número de positivos por este brote de covid en Boiro son catro. Tres membros dunha mesma familia e un turista, co que estiveron en contacto. Podería ser de novo un novo caso importado de fóra da nosa comunidade. O Concello foi coñecedor do brote a través da propia consellería de Sanidade, que xa estableceu os protocolos necesarios para este tipo de casos. Todos eles presentan síntomas leves e permanecen illados nos seus domicilios. Ademais estanse realizando tamén estudos a outros posibles contactos.

O Concello decidiu intensificar tamén a desinfección naquelas zonas nas que se produce maior aglomeración de xente.

Sen querer crear alarmismo, dende o Concello envíase un mensaxe de tranquilidade tanto a veciños coma visitantes, ó tempo que se apela á responsabilidade para que extremen as medidas de prevención