A Mancomunidade de O Salnés estrea unha nova edición do obradoiro de hostalería en Sanxenxo

    SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés dou o pistoletazo de saída a unha nova edición do seu exitoso obradoiro de Hostalería do Salnés. Nesta edición serán vinte alumnos os que se formaran en habilidades de cociña e bar. Esta será a primeira promoción que non se realice nas instalacións de A Lanzada. 

     

    Sanxenxo é a vila escollida para levar a cabo unha nova edición do Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés. Unha actividade formativa promovida pola Mancomunidade de O Salnés e a Xunta de Galicia. 

    Este ano, 10 alumnos recibirán formación en cociña e outros 10 en atención de restaurante e bar, e durante os 6 meses de obradoiro, percibirán o salario mínimo.

    O espazo de máis de 500 metros cadrados supón, segundo destaca a Mancomunidade, unha importante mellora nas instalacións con respecto as anteriores de A Lanzada.

    A achega da Xunta de Galicia é duns 180.000 euros. Os produtos obtidos destas actuacións destinaranse ao comedor social de Cáritas. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/19/obradoiro_hostaleria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/19/obradoiro_hostaleria.mp4{/flowplayer}