O Pazo Baión comeza a vendima contratando a doce traballadores en risco de exclusión social

    VILANOVA> O Pazo Baión comeza  este martes a súa vendima incorporando unha decena de persoas en risco de exclusión social aos traballos. Estes traballadores forman parte do programa de reinserción socio-laboral que Condes de Albarei, matriz da finca vilanovesa, ven desenrolando dende que se fixera coa propiedade do pazo, no 2008. 

     

    Co fin do verán chega o inicio de outono e con el a época de vendima. O Pazo Baión iniciou este martes a súa actividade, atendendo as resultados dos controis de maduración das uvas, que son os que determinan a calidade do mesmo. 

    Nesta ocasión, e como ven sendo habitual o Pazo Baión contará con traballadores en risco de exclusión social. Unhas doce persoas que forman parte do programa de reinserción socio-laboral, que Condes de Albarei, matriz da finca vilanovesa, ven desenrolando dende o 2008. 

    A selección de estes traballadores tivéronse en conta diferentes aspectos como son: a evolución dos tratamentos ou non ser consumidor de drogas en activo, entre outras. 

    Contando a estes traballadores, en total serán un 60 os que participarán na vendima do Pazo Baión, que se extenderá ao longo duns 15 días. Esta adega de Vilanova doará o 5% da facturación anual do pazo a programas de prevención e atención a drogodependentes. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/20/vendima_pazo_baion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/20/vendima_pazo_baion.mp4{/flowplayer}