O GROVE> Representantes da Mancomunidade do Salnés estiveron acompañando a un grupo ruso, integrado por catro touroperadores e dous periodistas especializados en viaxes, para que avaliasen as posibilidades do Salnés como posible destino turístico, e conseguir promover o turismo ruso na zona.
O Pazo de Rubiáns, a Fundación Manolo Paz, ou a labor das mariscadoras son tan só algúns dos moitos recursos que pode ofrecer a comarca do Salnés, por iso a Mancomunidade do Salnés continúa traballando en abrir novas vías que permitan unha maior promoción turística da zona.
Este martes un grupo formado por catro touroperadores e dous xornalistas rusos reuníronse con representantes da Mancomunidade do Salnés e responsables de turismo de algúns concellos, para coñecer a opinión destes profesionais do turismo ruso sobre os municipios da comarca, a fin de analizar debilidades e fortalezas do sector turístico na zona.
Case unha semana levan este grupo de cidadáns rusos “explorando”, as posibilidades da comarca e gozando da súa gastronomía e fermosas paisaxes.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/20/visita_touroperadores_rusos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/20/visita_touroperadores_rusos.mp4{/flowplayer}