PONTEVEDRA> Elnosa comeza os traballos pra desmantela-la súa fábrica de Lourizán, en Pontevedra.
O Concello da capital concedeu hoxe a licenza para realizar estes traballos.
A propietaria da factoría vai investir máis de medio millón nesta primeira fase do proxecto, que afectará a 13.000 metros cadrados.
A demolición prolongarase durante os vindeiros seis meses. Afectará a todas as instalacións, agás a aquelas necesarias para poder abordar despois a descontaminación o chan.