Boiro acolle a 9º edición do Campus de Baloncesto Obradoiro Jealsa

BOIRO> Boiro acollerá a novena edición do Campus Obradoiro Jealsa. Na actividade participarán máis dun cento de rapaces de entre 6 e 18 anos unidos pola práctica do baloncesto. As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través da web oficial do Monbus Obradoiro.

Un  ano máis, e xa van 9, Boiro acolle o Campus Monbus Obradoiro que se celebrará nas instalacións deportivas do CEIP Santa Baia e nos pavillóns municipais, entre o 27 de xuño e o 2 de xullo. Vai dirixido a rapaces de entre 6 e 18 anos, non só de Boiro senón de toda a contorna, cun único requisito: que lles guste o baloncesto.

Dende o seu inicio, o campus conta co patrocinio de Jealsa, empresa sempre implicada na dinamización social de toda a comarca e con especial interese na promoción do deporte entre os máis pequenos.

Ademais de promocionar o deporte, o campus ofrece unha alternativa de conciliación, celebrándose nunha semana non lectiva previa ó inicio dos campamentos de conciliación. A inscrición xa está aberta e pode realizarse a través da web do obradoiro.

Os prezos variarán segundo a modalidade e os descontos aplicados a socios e colectivos especiais. Tódolos inscritos recibirán a equipación de xogo, un balón, unha mochila e unha entrada para o primeiro partido de tempada do Monbus Obradoiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí