A AECC de Ribeira agarda recadar 10.000 euros na Gala Benéfica que se celebrará o12 de abril

RIBEIRA> A xunta local da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira celebrará o sábado 12 de abril a súa Gala Benéfica. Agardan recadar preto de dez mil euros que se destinarán á investigación oncolóxica.

O luns sairán á venda as entradas da Gala Anual da Asociación Española contra o Cancro reunirá a 500 persoas o próximo 12 de abril en Chicolino. O prezo é de 50 euros que inclúen cuberto, trasnporte e o donativo co que a entidade agarda recadar uns dez mil euros. Dende o concello animan á veciñanza a solidarizarse con esta causa non só a través da gala senón das moitas actividades que promove a asociación como a andaina ou a travesía a nado.

Durante a gala, que dará comezo ás oito e media da tarde, entregaranse os tres galardóns deste ano. Recaerán sobre Manuel Ayaso, a título póstumo, a asociación cultural Francisco Lorenzo Mariño e o doutor Salustiano González Vinagre. Recibirán unha réplica do Dolmen de Axeitos elaborada por Abraham Benítez.

Os interesados en asistir poden reservar a entrada na sede da asociación os luns, mércores e venres, en horario de once a unha. Os mércores abrirán tamén en horario de tarde, de cinco e media a sete e media.