BARBANZA> Diversidade de reaccións e valoracións entre o resto dos partidos do Barbanza, que continúan na oposición. Aínda que cun punto de unión entre eles, xa que ningún acadou as expectativas que se fixara para estas eleccións autonómicas. En Marea consegue facerse co segundo posto na maioría dos concellos da comarca, pero queda lonxe de conseguir o seu obxectivo de levar o cambio á presidencia da Xunta. Aínda así, desde a coalición de esquerdas aseguran que A Marea subiu para quedarse. Desde o Partido Socialista, que quedou relegado a terceira forza en gran parte dos municipios do Barbanza, o resultado tampouco foi o agardado. Aínda así, o voceiro socialista en Ribeira, considera que diferenza entre esquerda e dereita non foi tanta, se temos en conta a particularidade do noso sistema electoral. Outra candidata que quedou a un paso de entrar no parlamento autonómico foi a numero 3 do BNG pola Coruña, a pobrense Rosana Pérez. O Bloque resulto a cuarta forza política na totalidade dos concellos do Barbanza, a excepción da Pobra onde superou ao PSOE por uns corenta votos. Os nacionalistas admitiron que os resultados non cumpriron as expectativas do BNG. Iso sí, ao contrario do que indicaban as enquisas previas, Pérez felicitouse por seguir mantendo a voz do nacionalismo no Parlamento galego.
Inicio Barbanza - Muros - Noia