Non hai ingresos por coronavirus no Hospital da Barbanza

BARBANZA> O último parte da evolución da COVID-19 na área sanitaria Santiago-Barbanza deixa boas novas, confirmando que non hai ningún paciente positivo ingresado a día de hoxe.

Ó paulatino descenso que viña rexistrándose nas últimas semanas en canto ó numero de pacientes ingresados, súmase hoxe a confirmación de que xa non hai ningún positivo por coronavirus no hospital da Barbanza. Un dato que nos remonta ós inicios da pandemia.

Cabe lembrar que o primeiro ingreso por Covid-19 neste hospital producíase o pasado 27 de marzo.

En toda a área sanitaria o número de pacientes ingresados é de oito. Todos no Clínico de Santiago.

A día de hoxe tan só hai un paciente en unidades de coidados críticos. O número de altas acumuladas nesta área sitúase nas 1.619 e a cifra de PCR realizadas sitúase xa nas 21.810.

Aínda así, fontes da propia consellería de Sanidade sinalan que a situación pode variar nas próximas datas, xa que continúan a realizarse probas diagnósticas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí