Co gallo da Festividade do Pilar, patroa da Garda Civil, os postos de Boiro e a Pobra do Caramiñal celebraron un acto conxunto, que se iniciou ás doce da mañá cunha misa solemne na igrexa boiresa de Santa Baia e continuou posteriormente no restaurante Chicolino onde se serviu un aperitivo.
A Garda Civil de Boiro e a Pobra do Caramiñal celebraron hoxe nun acto conxunto a Festividade do Pilar, a súa patroa.
Ó redor das once e media da mañá os membros do instituto armado, entre os que se atopaba o tenente do cuartel boirés, Santiago Ruíz Varela, que acaba de ser destinado a este posto, foron recibindo no atrio da igrexa de Santa Baia ás distintas autoridades convidadas ós actos oficiais.
Entre eles destacou a presenza dos alcaldes de Boiro e a Pobra, Xosé Deira e Isaac Maceiras, respectivamente, así como un bo número de concelleiros das dúas corporacións municipais, tanto dos grupos de goberno coma da oposición.
Xoán Xesús Ares, Manuel Velo, Natalia Laíño, Xoán Xosé Dieste, Andrés Millán ou Encarnación González foron algúns dos edís presentes. Ós actos asistiron tamén unha ampla representación da vida empresarial e social da comarca. Así como o patrón maior da Pobra do Caramiñal, Manuel Maneiro.
A Festividade do Pilar continuou posteriormente coa celebración dunha misa solemne e acto seguido desenvolveuse un aperitivo no restaurante Chicolino.